UNHA NOVA CITA CO ROCANROL O VINDEIRO 22 DE MARZO NO MUÍÑO DE MAREAS DO POZO DO CACHÓN (INTERIOR)

Como adiantamos fai un par de semanas, Trapos Sucios, actuará o vindeiro 22 de marzo no Muíño de Mareas do Pozo do Cachón (interior) despois dunha parada nos escenarios dende setembro o grupo volve a carga, presentando o seu primeiro disco, ¿Y tu que opinas?.

Podemos adiantar que vai ser un concerto incrible cunha lista de temas interminable que repasará temas da primeira maqueta, o seu disco e ... ¿algun tema novo?, non sabemos pero esperemos que sí. O concerto comezará sobre as 00h30 pero dende as 23h00 as portas xa estarán abertas para todos aqueles que queran gozar dun pouco de rocanrol. Como sempre, a recadación das barras irá destinada a produción da vindeira edición do Festival Castelo Rock.

Enviado o 07/03/2008.

< Volver