Unha das principais novidades da vindeira edición do Festival Castelo Rock 2009, será a 1º edición da feira de venda ambulante e mercado artesanal. Esta idea xurdiu a partir de que estamos a buscar actividades complementarias aos concertos (esencia do festival) que sirvan para encher de contido a programación do evento e gañar máis público.
Despois de moito cavilar, eleboramos un prego de condicións que rexeran a instalación dos postos de venda, polo que se crean dúas modalidades, a modalidade A "Venda Ambulante" que se situará no paseo marítmo á altura da rúa da Porta da Vila; e, a modalidade B "Mercado Artesanal" que terá como espazo a Pista da Axesta. Así, desde hoxe mesmo e ata o 15 de xullo, poderase solicitar a autorización para a instalación dos mesmos.
As bases de solicitude quedarán colgadas no apartado MERCADIÑO 2009, que está situado na marxe dereita da páxina principal.
|