En pasadas datas o diario La Voz de Galicia, ven de publicar un avance do que será a escena musical do vindeiro verán. Entre festivais tan importantes no estado, como o Viña Rock ou no panorama galego como Festival do Mundo Celta de Ortigueira, encóntrase o CR 2008. A verdade que a inclusión nesta nova foi para todos nós algo que non esperabamos e do que nos sentimos moi sorprendidos.
Deixámosvos a nova, para que a leades con detenimento. Por outro lado, parece ser que todos estamos moi ansiosos en coñecer as bandas que participarán na vindeira edición, só decirvos que nos atopamos en proceso de contratación pero esperamos mostrarvos algún adianto en vindeiras datas.
Para ver a nova de La Voz de Galicia, pincha aquí. |