O Castelo Rock 2008 xa ten datas, serán o 8 e 9 de agosto ao igual que estes últimos anos no recinto da Praia do Castelo. Se o ano pasado concideu co primeiro fin de semana de agosto, neste ano atrásase unha fin de semana co obxectivo de non solapar outro tipo de celebracións que se realizan no concello e que poden dar lugar a mal entendidos.
Por outro lado, xa se contamos co permiso municipal para realización do evento, só nos queda conseguir a pertinente autorización de Portos de Galicia ao que xa se lle tramitou a solicitude fai agora un mes, para a ocupación deses días. |