El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

 
   
   
   
 

A ACRD PRAIA DO CASTELO E O CONCELLO DE MUROS ASINARÁN UN CONVENIO

Unhas das nosas principais reivindicacións durante todo este tempo era a de vir reclamando un local onde poder traballar. Despois de que, dende fai máis ou menos un ano viñeramos "okupando" o antigo Centro Médico de Muros e debido a que en pasadas semanas nos entrarán a roubar, e sobretodo a publicación do anuncio de licitación do mesmo para convertilo nun centro de día, a ACRD Praia do Castelo e o Concello de Muros asinarán nos vindeiros días un convenio para a utilización dun dos locais da Escola Municipal de Música, concretamente o que se sitúa na parte máis baixa do edificio.

Esta cesión de uso será temporal, exactamente ata o mes de setembro, polo que seguiremos coa nosa loita para que se nos ceda un local de xeito estable, de todos modos temos que agradecer que o Concello de Muros siga a procurar un lugar para poder desenvolver o noso traballo.

 

Enviado o 18/03/2009

< Volver