Moi boas, amig@s:
O primeiro, agradecervos no nome da ACRD Praia do Castelo a vosa participación e gran acollida da VII edición Festival Castelo Rock 2009. A pesar da grande etapa de crise e o grande número de celebracións que se levan a cabo no período estival, máis de 9.000 persoas no quixeron perderse un acontecemento que cada ano inunda Muros. Polo cal demostra que Castelo Rock, contra vento e marea, estase a converter nun dos festivais galegos máis concorridos polo público.
Foron moitos os momentos inesquecibles nesta edición do festival dende o comezo o venres coa destacada actuación de Gatillazo e o seu líder Evaristo ata a xornada do sábado co inesquecible comezo de concerto de Boikot, ate un público moi entregado aos ritmos balcánicos.
Con todos os momentos do Castelo Rock 2009 no recordo, pasamos un páxina e enfocamos toda a enerxía cara a próxima edición. O ano que ven cumprimos oito anos, esperamos poder contar con todos de novo e poder compartir e celebrar xuntos que o noso festival, o voso, sigue e sigue crecendo.
Moitísimas grazas e ata dentro dun ano, no VIII Festival Castelo Rock 2010, 6 e 7 de agosto.
Grazas a tod@s e … vémonos o ano que ven!
|