El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

 
   
   
   
 

BOIKOT - www.boikot.com.es - MADRID

Marcharon aos Balcáns en busca de alborozadas melodías e ritmos trepidantes, encontráronse coa descarnada huella da barbarie e regresaron cun traballo exultante de madurez compositiva. A inquietude por encontrar novas experiencias musicais e o espírito nómada que lles empuxa en busca de outras realidades trasladaron a Boikot o pasado decembro de 2007 á antiga Iugoslavia, terra queimada pola guerra onde aínda fumean os rescoldos do último incendio humano de Europa. Un lugar marcado pola dor que paradoxicamente emana música desbordante de vitalidade, alegría e fanfarria. Seguindo a estela dese son, a familia que compoñen Juankar, Kosta, Alberto e Grass (baixo, guitarras e batería respectivamente) estableceuse nos estudios do Pavarotti Music Center de Mostar (Bosnia e Herzegovina) grazas á mediación do produtor Javier Abreu para colorear o seu novo traballo con pinceladas do folcklore balcánico. A singular e nutritiva instrumentación que aportan os diversos músicos bosnios é un ingrediente máis que se mezcla co aporte skatalítico italiano dos ventos de Banda Bassotti, un chisco de música celta gravado en Galicia e o punk rock urbanita marca da casa. Esta amalgama de sons da forma a unha obra heteroxénea e madura, acorde coa lonxevidade dunha formación que durante dúas décadas soubo progresar a base de constancia, esmerándose neste undécimo disco en profundizar a trascendencia do mensaxe, con textos fondos que amplifican os crudos testemuñas da guerra. Amaneció, o proxecto máis ambicioso, arduo e intercultural da errante banda madrileña. A máis dun lle deixará a boca aberta.