El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

 
   
   
   
 

DOOMSDAY CLOCK - MUROS

O comezo do que co tempo se convertería no actual Doomsday Clock, data do ano 2004, cando Varo e Fran (guitarra e baixo respectivamente) comezaron a xuntarse para tocar e pasar o tempo. Non tardarían en unirse Tono coa guitarra e Adri coa batería, constituíndo unha formación que se mantivo estable durante a primeira etapa.
 
No 2007, tanto Tono coma Adri abandonan por diversos motivos. Nese mesmo ano cubriríase ese baleiro coas incorporación, primeiro de Jaime á batería e pouco tempo despois de Serch con outra guitarra. A comezos do 2008 deciden tomárense as cousas un pouco en serio e completar a formación. A consecuencia disto únese como vocalista Muíños, quen era habitual que acudira aos ensaios e tocara a guitarra.

Deste xeito, os actuais compoñentes da banda propóñense finalizar os temas que tiñan empezados e crear outros novos. A gravación das cancións no local de Jesús a finais do verán do 2008 deu un novo pulo ao grupo; comezaron a ensaiar periodicamente enfocados nun primeiro momento a preparar a gravación, e posteriormente con vistas a preparar un posible debut en directo.

Esta posibilidade materializouse cando se lles ofrece a posibilidade de participar no Castelo Rock Expresso o 20 de decembro xunto a Riff-Raff. Ante a necesidade da elaboración do cartel, deciden que o nome do grupo vai ser Doomsday Clok, en referencia ao simbólico reloxo do xuízo final.

O estilo musical do grupo é un rock resultante da converxencia das súas influenzas, que abarcan un amplo espectro dentro do rock e outros xéneros, cunhas letras persoais e intimistas, que tratan vivencias, sentimentos e pensamentos, algunhas dende perspectivas máis vitalistas e outras máis escuras e abstractas.

A día de hoxe, cun par de concertos máis, atopámonos na composición de novos temas e na preparación dos concertos que están por vir.

Formación:

Álvaro Barreiros (Varo) – guitarra
Francisco Sestayo (Fran) – baixo
Jaime García – batería
Sergio González (Serch) – guitarra
Jesús Fiúza (Muíños) - voz