El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

 
   
   
   
 

GATILLAZO - www.gatillazo.com - VITORIA

GATILLAZO é un grupo de música punk, procedente de Vitoria, creado por Evaristo, ex cantante de La Polla (antes La Polla Records).
“Nunca quixemos facelo, pero as circunstancias obrigáronnos. A necesidade confabulouse coa ocasión e caemos na trampa sen remordimientos. Poderiamos habelo evitado, pero tamén poderiamos morrernos de fame: polo que non cacarea, gatillazo que resoa”. Evaristo.
Trala morte de Fernandito, o baterista de La Polla Records en setembro do 2002, Evaristo decidiu xuntarse co guitarrista de Kañería 13, Osoron, e con Yul e Txerra de RIP. A banda adoptou o nome de The Kagas, coa cal deron só 3 concertos, e sacaron un disco no 2002. Logo no 2004, coa mesma formación, se autodenominaron como The Meas, e do mesmo xeito que a súa predecesora, só deron un par de concertos, e sacaron soamente un disco.
Unha vez esgotados os proxectos, Evaristo xa tiña en mira un novo grupo: en 2005 formou Gatillazo con dous antigos compañeiros de La Polla, Txiki (guitarra) e Tripi (Batería), ademais de Osoron (esta vez á guitarra) e Xabi (Baixo). Evaristo tiña claro que Gatillazo non ía ser un proxecto puntual, como The Kagas ou The Meas, que foron, nas súas propias palabras «ataques aéreos sen retorno». Pronto tiñan un bo puñado de temas para entrar a gravar. Así, ese mesmo ano apareceu o seu primeiro disco homónimo, con 22 cancións logo de descartar bastantes.
En setembro do 2006, mediante a súa páxina oficial, Gatillazo anuncio o cambio dun integrante. Xabi, o bajista, foi suplantado por Mikel.
O segundo álbum, Dianas Legales, cuxo título é unha alusión paródica a Diana de Gales, chegou en 2007.
En marzo do 2008, Mikel (o bajista) foi suplantado por Butonbiko (quen tamén se chama Mikel).
En novembro do 2008 sae o seu novo lanzamento, Sex Pastels, que é un CD (coas novas cancións), máis un DVD con 32 cancións gravadas en vivo na sala de ensaio, ademais dunha entrevista, varias fotos, e o videoclip do tema “Nº1 en USA”, do recente disco.