PROGRAMACIÓN HORARIA DO CASTELO ROCK 2010, 7 DE AGOSTO

MUROS I 29/07/2010 I ACRD PRAIA DO CASTELO.

PROGRAMA, SÁBADO 7 DE AGOSTO

Mañá (13h00 – 14h00)
Actuación de Cé Orquesta Pantasma na  Praza da Pescadería

Tarde (19h30 – 22h00)
Obradoiro de iniciación a percusión no Curro da Praza (19h30-20h30)
Pasarrúas Trópico de Grelos “ Butake Galego” itinerante (20h30- 22h00)

Concertos (20h30 – 05h00)
Apertura de portas ás 20h45
21h15 Solos
22h15 Raiba
23h30 Lilith
01h00 Ilegales
03h30 Dakidarría

 

ESTE SERÁ O CARTEL DA VIII EDICIÓN DO FESTIVAL CASTELO ROCK 2010, SENDO O 7 DE AGOSTO NA PRAIA DO CASTELO DE XEITO GRATUÍTO

MUROS I 20/07/2010 I ACRD PRAIA DO CASTELO. Por fin temos o deseño do cartel da oitava edición do Castelo Rock 2010. Xunta ás actuacións nocturnas xa confirmadas de Ilegales, Lilith, Solos, Raiba e Dakidarría, tamén aparecen as actividades que terán lugar polo día, coa actuación de Cé Orquestra Pantasma (Home Orquestra) e o pasarrúas e obradoiro de percusión do grupo Trópico de Grelos.

 

TEREMOS ACTIVIDADES DE RÚA CO INCRIBLE ESPECTÁCULO DE "CÉ ORQUESTRA PANTASMA  (HOME ORQUESTRA)"

MUROS I 20/07/2010 I ACRD PRAIA DO CASTELO. Xa chegou por fin, o marabilloso home orquestra, preparado para vibrar en calqueira situación que se faga valer. Especialmente indicado  para tódolos públicos e sen contraindicacións, salvo uns pequenos graniños en caso de inxestión masiva.

Poden consumilo os nenos e as nenas, os vellos e as vellas, os políticos e as politicas, os punkis e as punkas, os parados e as paradas,  os jipis e os jipijos, as mamas e os papás. Eche coma un chicle, maleable, adáptase a calqueira situación,  tanto che canta unha doce canción ao  ouvido en horas baixas, como che coloca un enchufe en horas mortas, e todo isto a un baixo prezo, economicamente rentable, ao alcance de tódolos bolsillos, por iso, non debería existir casa decente  sen o seu home orquestra, ata as mais indecentes deberían contar cos seus servicios pola súa discreción e saber estar.
Si te atopas inquedo e notas que unha formiga che rasca no cu, si ves  que se che pasou o arros mais a hora da sesta, non o dubides...

 

LILITH, DAKIDARRÍA, RAIBA E SOLOS COMPLETAN O CARTEL DO CASTELO ROCK 2010

MUROS I 12/07/2010 I ACRD PRAIA DO CASTELO. Os grupos Lilith, Dakidarría, Raiba e Solos completarán o cartel do Castelo Rock 2010.

Deste xeito, serán 5 grupos o que participen o sábado 7 de agosto na oitava edición do Festival Castelo Rock. En próximos días, daremos a coñecer os horarios de actuación, ademais de presentarvos varias actividades complementarias que terán lugar nese día polas rúas de Muros.

 

ILEGALES SERÁ O CABEZA DE CARTEL DO CR2010, ENMARCANDO A SÚA ACTUACIÓN DENTRO DA XIRA DE DESPEDIDA "ADIÓS AMIGUITOS"

MUROS I 08/07/2010 I ACRD PRAIA DO CASTELO. O grupo asturiano ILEGALES, actuará no CR2010 dentro da súa xira de despedida "Adios Amiguitos", ademais a súa fecha no Castelo Rock contémplase ata data como a única actuación do grupo en Galicia.

Para moitos, Ilegales, supuxo unha das mellores bandas de rock que se deron en España. A súas ácidas letras crearon cancións imprescindibles no panorama musical como "Soy un macarra", "Yo soy quien espía los juegos de los niños", "Hola mamoncete" ou "Tengo un problema sexual". Agora. como explica o seu líder, Jorge Ilegal, é momento do cambio e de dicir "Adios amiguitos coruñeses".

 

O CASTELO ROCK 2010, TERÁ LUGAR O SÁBADO 7 DE AGOSTO, NUNHA ÚNICA XORNADA DEBIDO A QUE ESTE ANO O XACOBEO NON APOIARÁ O PROXECTO

MUROS I 07/07/2010 I ACRD PRAIA DO CASTELO. O Festival Castelo Rock 2010 terá lugar o vindeiro 7 de agosto na Praia do Castelo de Muros. Este ano debido a falta de apoio do principal patrocinador do festival nos últimos anos, a SA de Xestión do Plan Xacobeo, só se contará cunha xornada de concertos.

En próximas datas, presentremos as bandas que acturán nesta oitava edición ademais de horarios e información das mesmas.