El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

 
   
   
   
 

KOGITO - www.myspace.com/kogito - VIGO

KOGITO... Penso... en... pasalo ben, montar festa e bailar.
Esa é a súa proposta. Un consolidado grupo de dez compoñentes que saen á carreira con gañas de amosar un variado e divertido directo cheo de ska, punk-rock, reggae e mestizaxe, letras desenfadadas, certo ton de protesta, ritmos latinos cheos de percusión e melodías pegadizas vibrando nos metais preciosos que fan imposible evitar que o ritmo entre nos teus pés. ¿Serás capaz de manterte completamente inmóvil?
Despois duns cantos anos dunha intermitente traxectoria a banda logrou facer un directo no que se mesturan a madurez dos temas cunhas tremendas gañas de festa e de verbena que queremos compartir con todos vós. A banda está formada por Isaac e Natxo (voces), Adrián, Txiwi e Miguel (ventos), Rubén (percusión), Saúl (batería), Juan (teclados e guitarra), Valen (guitarra) e Mario (baixo).
A nosa nova etapa comeza no ano 2005 coa gravación do noso primeiro traballo composto por 5 temas. No ano 2006 facemos a presentación do mesmo facendo un percorrido polas distintas salas e festivais da Galiza. A finais do mesmo ano voltamos ao estudo para gravar outro traballo composto por catro temas, coa idea de melloralo e amplialo ao longo do ano 2008.
Todos estes anos pasan por festivais e salas da Galiza tan importantes como o Cultura Quente (Caldas de Reis), o Foundation Reggae Festival (O Burgo), o Freixo Rock (Vigo), o Festival Taíña (Goián), o Festival A Noite do Trasno (Bueu), o Festival Rebumbio (Mos), e salas tan importantes a nivel galego como son A Iguana Clube (Vigo), A Fábrica de Chocolate (Vigo), Club Clavicémbalo (Lugo), Sala Aturuxo (Bueu), Mardigrass (A Coruña), Capitol (Compostela), compartindo escenario con bandas como The Pepping Toms, Ruxe Ruxe, Dakidarría, Skarnio, Skacha, The Toasters, La Kinky Beat, Zulú 9.30, Macaco, Betagarri, Don Carlos, Daara J, etc.