El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

 
   
   
   
 

KRAKOVIA - www.myspace.com/krakovia - MADRID

Krakovia foi a sensación máis excitante do 2008. Krakovia son una banda de rock cunha formación estelar que parece sacada dunha película de Tarantino: a espectacular cantante e bailarina de burlesque: Vinila Von Bismark. O cantante Petra Flurr, que ven de grupos de punk underground de Berlin e que tamén escribe as letras de Krakovia. Levan batería, contrabaixo, dúas guitarras, moogs, dous coristas orientais... A música está composta por David Kano (Cycle), Guille Mostaza e Juanjo Reig.
A publicación do seu primeiro álbum “Road Movie“ (11 temazos en inglés e una xoia en alemán) supón un revulsivo na escea musical .
“Road Movie” está gravado e producido en Rec Division Studios (Madrid) por David Kano e Juanjo Reig e masterizado por Simon Davey en Exchange Studios (London), onde masterizan os seus discos Depêche Mode, Justice, Maxïmo Park, Basement Jaxx, Bjork, Oasis, Stereo Mc´s, Klaxons, Chemical Brothers, Daft Punk, Kings Of Convenience, Dizzy Rascal, etc...
As cancións, compostas de noite, rodeadas dun ambiente de malicia enormemente sedutora, van dende o punk-rock adrenalinico, contundente, de estribillos tan contaxiosos e emocionantes que son casi himnos aos medios tempos profundos, escuros, y nos que a portentosa voz de Petra Flurr recorda a voces escalofriantes e míticas como a de Peter Murphy (Bauhaus).
Krakovia son a superbanda do novo século: imaxe poderosa, son estremecedor, cancións perfectas e un directo que é unha experiencia de enerxía perigrosa e adictiva.