Machina presenta novo disco... logo daquel ACOUGA que serviu de presentación para a banda cercedense, chegan cun primeiro traballo longo no que deixan claras as súas intencións, en 13 temas que descargan unha boa dose de metal, rock, punk, hardcore,... mais ben “POST-BRAVU”
Grabado de novo en oceano estudios de Nigran, baixo a batuta de javier abreu que volve a firmar a co-producion do traballo xunto a propia banda, masterizado por saul patinho no metro mastering da corunha, distribuido por lonxa cultural e totalmente autoxestionado por machina Temas con forza, mixtura, eclecticismo... letras directas, abstractas, sobre o amor, sobre a loita, sobre o paradoxo da existencia, sobre a persoa, sobre a non persoa, sobre o mundo, sobre a nada...
Coas colaboracions de xabier diaz, os mandos da percusion tradicional e coa sua magnifica voz para falarnos da obrigacion da implicacion. Gendebeat co beatbox para marcar o ritmo dunha crencia opresora. Mouron (dios ke te crew) rapeando para que continuemos loitando contra os que pretenden continuar cos seus mandatos do terror, e o propio xabier abreu con samplers e teclados. Toda unha forma de entender a musica dende un punto de vista situado na terra que os viu medrar, toda unha declaracion de principios, “post-bravu”
Pero quen somos Machina, a formación actual (Gonzalo Grela, Angel Iglesias, Martin Loureiro e Anxo Sánchez) leva dende abril do 2006 percorrendo os escenarios da xeografía Galega, con apenas un cambio, Mahi deixounos ali no 2007 e Angel ocupou o seu lugar. Dende eso, a banda seguiu co seu potente directo e nese mesmo ano meteuse a grabar o que sería o seu primeiro EP “ACOUGA”,tamén grabado nos océano estudios de Nigrán con Javier Abreu.
Moitas cousas poderían sinalarse na carreira desta banda, pero a súa filosofía trata máis do día a día e da superación de metas, tanto persoais como musicais, polo que non importa moito que foi Machina, senón máis ben o que será.