Outro ano máis, outro festival máis, e xa será o cuarto dende que comezase a nosa andaina na organización do Castelo Rock, o sétimo de vida do festival. Endexamais, podiamos crer, nin por suposto imaxinar chegar a este nivel, nin as nosas expectativas, nin a propia realidade nos permitía augurar que se ía converter nun evento referente do panorama musical galego, que saíse no xornais, na televisión, nas radios ou incluso nas novas redes de relacións sociais.
Nin o máis optimista podía pensar, cando nos comezamos a reunir “de bar en bar” sen ter un local para isto, que tres anos máis tarde íamos a xuntar a máis de 8.000 persoas no festival, unha quimera feita realidade, non pola falta de ambición, xa que senón non o conseguiríamos, senón porque non coñeciamos o que realmente supoñía. Agora podemos coñecer o significado de termos tan comúns como son o esforzo, o traballo, a dedicación, a ilusión, as discusións, a crítica, o punto de vista, a responsabilidade, o autodidactismo, a unión, a forza, a presión, a angustia, a falta de tempo, a implicación, o goce, a satisfacción, o público, o voluntariado, @s soci@s … e a morea de cousas que suporá o Castelo Rock nas nosas vidas, unha experiencia nova, transgresora e arriscada, que podemos dicir que está achegando os mellores grupos ao noso concello, si, a Muros, onde case sempre se protestou por todo pero onde tampouco se fixo nada por cambiar.
Agora é o momento dun novo acto cultural, e o Castelo Rock é só o comezo da revolución cultural e musical que se está a por en marcha, os rapaces e rapazas queren ter o seu grupo, cantar, compoñer, aprender, tocar,…, o público reclama máis concertos, os mozos desprázanse nas cidades de estudo ás salas para ver grupos, toda a xuventude está en movemento, por iso queremos que todos os veciños e veciñas poñan o seu grao de area para que este evento, ademais da promoción económica que supón nos diversos sectores, sirva para conseguir situar a Muros no mapa, de que se nos coñezan por algo, e que a partir de aquí a mestura da beleza paisaxística e cultural permita servir no derradeiro impulso social. Por iso, temos o pracer de convidarvos a todas/as a participar neste proxecto, a nosa ambición continua, queremos máis calidade e máis cultura, que nos faga medrar ata converternos na ansiada plataforma de difusión musical.
Polo que dicirvos que temos unha cita na que esperamos vervos, o venres 7 e o sábado 8 de agosto en Muros.
Elisardo Conchas Martínez
Presidente da ACRD Praia do Castelo
ONDE INFORMARSE
Oficina de Turismo
Curro da Praza 1
15.250 - Muros
Tfno. 981826050
www.muros.es - turismo@muros.es
Centro Cultural e Xuvenil de Muros
Estrada de Miraflores s/n
15.250 - Muros
Tfno. 981762294
www.muros.es - cultura@muros.es
Concello de Muros
Curro da Praza 1
15.250 - Muros
Tfno. 981826050
www.muros.es
PLANO DE MUROS

Rueiro da Vila de Muros
ONDE DURMIR
Hostal Ría de Muros
Avda. Calvo Sotelo, 53
15.250 - Muros
Tfno. 981826056
Hostal J. Lago
Avda. Calvo Sotelo, 3
15.250 - Muros
Tfno. 981827503
Hotel A Muradana
Avda. Castelao, 99
15.250 - Muros
Tfno. 981826885
Jallamabau Rural
Lugar de Miraflores
15.250 - Muros
Tfno. 981826083
www.jallambaurural.com - info@jallambaurural.com
Hostal Marbella
Boavista, 10
15.259 - Serres - Muros
Tfno. 981826233
TELÉFONOS DE INTERESE
Policia Local
Curro da Praza, 1
15.250 - Muros
Tfno. 609111934
Guardia Civil
Serres
15.259 - Serres - Muros
Tfno. 981826013
Centro de Saúde
Serres
15.259 - Serres - Muros
Tfno. 981867616 |