O Festival Castelo Rock nace como unha idea dos diferentes hostaleiros que en 2003 rexían a zona de “movida” ao abeiro da Praia do Castelo de Muros, co fin de que este evento repercutise na súa propia economía e buscando solucións para poder atraer a mozos e mozas, posto que “a marcha muradana” estaba a vivir os seus últimos días de vida.
Ilusión
Nesta primeira edición, o Castelo Rock conta coa participación de grupos do municipio que por aquela tiñan actividade e comezaban despuntar como era o caso de A Media Ghasta, mentres que servindo como cabeceira de cartel presentase ao grupo Ruxe Ruxe, hoxe grupo mítico da escena musical galega, que viñan de publicar o seu terceiro traballo “A Terra dos Comentos”. O pobo de Muros acolle moi ben esta iniciativa aínda que os resultados económicos para a xunta organizadora non son moi proveitosos, co cal derivase a saída de membros organizadores nesta, algo previsible cando o saldo dunha actividade é negativo. Aínda así, moitos dos membros deciden en tirar cara un futuro mellor, tendo a esperanza de que en vindeiros o Castelo Rock contribúa de xeito positivo na economía dos seus negocios hostaleiros.
Dous anos, facer por facer ou tirar para diante?
A partir da primeira edición, idease a posibilidade de crear unha entidade sen ánimo de lucro co obxectivo de poder en participar en programas de axudas a nivel municipal, provincial ou autonómico de tal xeito que o festival se puidese autofinanciar e evitar perdas económicas graves como viña de pasar na primeira edición.
Nos anos 2004 e 2005, a repercusión do Castelo Rock pasa con máis pena que gloria e arrastrase ata tal xeito que se ve perigar a súa continuidade. No quefacer musical, os grupos que pasan polo escenario da Praia do Castelo apenas destacan só teñen un certo nome a nivel provincial e autonómico como son Trashnos ou Aphonnic.
O engroso que posteriormente salpicaría ao éxito e o gran cambio que tomaría o festival estaba en proceso de cocción, un membro orixinal daquela primeira xunta organizadora, quizais o único ao que lle importaba ben pouco a repercusión económica no seu negocio, foi quen de estimular un impulso de forza nun colectivo de mozos para que estes fosen eles quenes tirasen para adiante coa organización do festival de xeito altruísta e sen pensar en máis cousas que facer un festival de verdade, e vaia se o conseguiu. De xeito insólito na Vila de Muros, exceptuando destacados casos no mundo do deporte, un colectivo de mozos embarcábase na organización dun proxecto a nivel cultural que espértase tan boa acollida polo resto de mozos e mozas da vila e do municipio.
A andadura destes no foi fácil, a entidade conta cunha economía saneada pero a remanente de fondos permite pouco marxe de acción a hora de programar algún concerto extra que permita recadar fondos para o festival. As reunións fanse de xeito periódico, onde as ideas e as intencións flúen máis a presa que a propia realidade, a data escollida para o IV Festival Castelo Rock 2005 é o 19 de agosto e as bandas son Forraje, Razzia, Sarabanda e Trapos Sucios. O tempo acompaña e a xente tamén, os resultados son máis que positivos tanto no quefacer económico e sobre todo no que se refire as gañas que se teñen de programar a vindeira edición.
Comezamos a despegar, vaia “vuelo”
En novembro de 2006 presentámonos na Xunta de Galicia, queremos presentar o noso ambicioso proxecto aos diferentes cargos públicos relacionados co creación e difusión cultural, o turismo e a xuventude. Para marcamos o obxectivo de manter diferentes reunións para que poidan apreciar que a nosa entidade caracterízase pola seriedade, o traballo desinteresado, a ilusión, … e definitiva por gañas de facer algo de verdade “no” e “para” o pobo. Os resultados destas xuntanzas, reflicten que o festival pasa a programarse na primeira semana de agosto, temos que garantizar ao máximo unhas boas condicións climatolóxicas mínimas, e pasa a contar con dúas xornadas de concertos; e, o cartel confórmano grupos da talla de Barón Rojo, The Locos ou a nivel galego Jabón Blue ou Konflikto.
Como membros da organización podemos dicir que comezamos a voar na nosa aventura, quedamos abraiados co cantidade de xente que se deu cita, viamos que as barras eran un encoladeiro de xente e que o público volcábase en todas as actuacións. A partir desta edición produciuse un cambio brusco no xeito de facer as cousas, todo queríamos que salise perfecto e controlar todo ao máximo posible, dando poucas posibilidades ao despiste e a improvisación.
Unha vez rematada a edición do 2007, as gañas por seguir e por progresar son infinitas, temos claro dende un principio que imos a cambiar cousas que ata o momento non o fixeramos debido a precariedades económicas. Así, o primeiro que nos plantexamos e modificar a loxística do evento contando cun escenario profesional e con capacidade para albergar a grupos de primeiro nivel e o segundo dotar a ese escenario cun equipo de son e luces ao par da súa calidade. Un paso importante co que se debía seguir para garantir o autofinanciamento festival eran os patrocinios e colaboracións institucionais, deste modo intentamos pechar canto antes o patrocinio da SA de Xestión do Plan Xacobeo que xa fóra o principal patrocinador da anterior edición, algo que nos permite traballar co certa tranquilidade e ir confeccionando un cartel compensado entre artistas do panorama estatal e do galego. O catro de xuño do ano dous mil oito presentamos o cartel da sexta edición que o conforman grupos da talla de Barricada, Porretas, LaMatumbá, Salida Nula, Kambotes, … por un ano máis temos a sorte contar como emisora oficial do programa a Estudio 3 da Radio Galega. A VI edición pasará a supoñer un antes e despois da vida do festival, xa que a repercusión faise en toda Galicia e isto repercute na cantidade de xente que se da cita en ambas xornadas, posto que ao redor de 9.000 persoas poden gozar dos concertos, tendo o seu punto álxido na actuación do grupo navarro, Barricada.
Ano 2009, chegamos a un nivel de referencia
Con toda seguridade podemos dicir que a edición do 2008 coa actuación de Barricada foi a máis emotiva, pero tamén con toda seguridade podemos manifestar que a VII edición do Festival Castelo Rock 2009 foi a máis completa e a que contou con maior orzamento. O nivel das actuacións musicais foi superior, contempláronse artistas de todos os estilos e para todas idades. De aí que para os máis entrados en idade se contará co actuación dos clásicos Siniestro Total, para os máis transgresores e rockabillys contabamos con Krakovia e para os máis duros aí estaban Boikot e Gatillazo, ademais acompañando a todos estes grupos contouse con bandas do panorama galego como Kogito, Ruxe Ruxe, Eco e bandas máis modestas pero con moito futuro como Trapos Sucios ou Machina.
Xunto a calidade do cartel, o festival medrou en contidos e para elo ampliouse a zona de acción a prazas próximas e ao casco histórico de Muros contando con manifestacións culturais durante o día e chegando ao público máis pequeno, que iban dende o novo circo ata música tradicional balcánica pasando polo clown e teatro.
Mentres que é moi difícil manifestar canta xente gozou das actividades, si podemos cuantificar que ao redor de 9.000 persoas na totalidade das dúas xornadas pasaron polo recinto de concertos, unha afluencia moi similar ao ano anterior o cal ven a reflectir que o Festival Castelo Rock estase a converter nunha referencia dentro do amplo abanico de festivais musicais na nosa comunidade autónoma e sendo xunta co Festival do Norte en Vilagarcía un dos máis seguidos no oeste galego.
Ano 2010, íamos a peregrinar no camiño
Neste ano 2010, queremos seguir mantendo o noso nivel dentro da escena musical para elo é imprescindible para unha entidade sen ánimo de lucro seguir contando co patrocinio de entes públicos tanto a nivel autonómico coma provincial. Tamén creemos que é un grande oportunidade para este tipo de entes depositar a súa confianza en entidades destas características, cun traballo desinteresado e que poden demostrar que as veces poden desenvolver o seu modesto traballo chegando ao nivel de produtoras musicais.
Seguiremos mantendo o recinto de concertos onde se contarán con actuacións de todos os estilos, máis que isto, tamén e a nosa intención poder contar con actividades paralelas que na edición anterior permitiu involucrar a xente máis cativa e ser participe do Castelo Rock. Por outro lado, creemos que é imprescindible manter o servizo de durmida que se ven realizando no Pavillón Municipal de Miraflores, xa que a capacidade turística da Vila de Muros e moi escasa, se isto lle unimos a que o mes de agosto e no mes no que as reservas hostaleiras cobran maior índice de ocupación.
A data elixida para a que será a VIII edición do Festival Castelo Rock – 2010, será o sábado 7 de agosto, como sempre en Muros.
|
 |