Din deles que teñen o mellor directo do rock galego. Despois de dez anos de traballo e seis discos ás súas costas, os Ruxe Ruxe son hoxe unha das propostas máis interesantes da música galega. Unha banda que se formou en 1996 na aldea de Aríns, en Compostela e que nestas anos ten mesturado como poucos o rock and roll coa música tradicional galega dende unha actitude punk. Unha chamativa proposta de instrumentos eléctricos e elementos rockeiros, xunto a outros máis tradicionais, como a gaita. As súas letras son en galego e falan do cotián e da realidade que rodea á banda, sempre dende o prisma do realismo máxico, mesturando o contido social coa poesía. Os Ruxe Ruxe teñen tocado por toda a Península, sempre con grande acollida de público, e compartido escenario con músicos da talla de Wolfstone, Siniestro Total, Kepa Junkera, Berrogüetto ou Budiño, entre outros. Polo momento, o grupo ten seis discos no mercado e están á espera do seu quinto traballo, Comercial, que nuns días estará na rúa para unirse a: Xigantes (2008), Comercial (2006), Fervendo (2004), coa participación de Julián Hernández (Siniestro Total) e do Maestro Reverendo. -A terra dos comentos (2003). -Non temos medo (2000). -Ruxe Ruxe (1999).