“O criminal volve ao lugar do crime, sen nostalxia e sen arrepentimento, para celebrar unha festa besta sen concesións. Que pareza un accidente é o testemuño puro, duro e cru desa noite. Sen retoques de estudo e sen ciruxía tecnolóxica; todo o que ocorreu está neste disco e todo o que está neste disco ocorreu”. Así explica Siniestro Total o seu novo disco Que pareza un accidente. O lugar de autos é o Cine Salesianos de Vigo, onde o 27 de decembro de 1981 o grupo galego deu o seu primeiro concerto. O 27 de decembro de 2006, 25 anos despois, no mesmo sitio, o mesmo día e á mesma hora, Siniestro Total pisou o mesmo escenario para facer un repaso de 25 anos do rock and roll máis consecuente que se fixo en España.
O 1 de abril de 2008 publicouse Que pareza un accidente, un 2CD + DVD que recolle a gravación en directo do concerto do 27 de decembro de 2006 no Salesianos. 27 son tamén as cancións que contén o dobre CD e que percorren a vida de Siniestro Total, gravadas por Julián Hernández (voz, guitarra, armónica, mandolina), Javier Fernández Soto (guitarra, voz), Anxo González (batería), Jorge Beltrán (saxo, órgano, percusión) e Óscar Avendaño (baixo, voz), coa colaboración de David Rial (trompeta, sintetizador). O son foi producido (xunto a Siniestro Total), mesturado e masterizado por Joe Hardy (un siniestro máis e productor de ZZ Top, Georgia Satellites, Jeff Healey?) en Houston (Estados Unidos).
Que pareza un accidente é a historia de Siniestro Total, que é o mesmo que dicir unha parte imprescindible da historia dos últimos 25 anos de rock no estado. A banda galega nunca deixou a estrada; ha liderado épocas boyantes e sobrevivido a momentos duros; mantívose fiel á heterodoxia; voou por encima de movidas e etiquetas; recreouse engadindo imaxinación aos seus proxectos musicais.
Siniestro Total formouse en 1981 en Vigo tras un accidente de tráfico “con formulacións iconoclastas e neo-dadaístas nos textos: punk rock galego contra o aburrimiento xeral”. En xaneiro de 1982 a banda formada entón por Julián Hernández, Miguel Costas, Germán Coppini e Alberto Torrado enviou unha maqueta ao programa Esto no es Hawai de Jesús Ordovás en Radio 3 con resultados case inmediatos: cinco meses despois publícase o EP Ayudando a los Enfermos, coas cancións Ayatollah, Purdey, Matar Hippies en las Cíes e Mario. As dúas primeiras soan en Que pareza un accidente.
En novembro de 1982, o primeiro álbum de Siniestro Total, ¿Cuando se come aquí? causa impacto na escena rock española cunha xenial portada de Oscar Mariné e cancións como Todos los Ahorcados mueren empalmados ou Las tetas de mi novia. Con 15 temas gravados en tres días, o álbum convértese en éxito de vendas alternativas e deixa o terreo abonado para o lanzamento en novembro de 1983 de Siniestro Total II: El regreso. Sen Coppini na banda, esta vez eran 21 cancións, entre elas Más vale ser punkie que maricón de playa, Sexo chungo e Opera tu fimosis. Siniestro Total xa pisara o escenario do Rock Ola madrileño, local clave para os novos grupos, e gravado dúas cancións para o programa Caixa de Ritmos de TVE que non pasaron a censura.
En novembro de 1984 aparece o seu tercer álbum Menos mal que nos queda Portugal, no que o punk deixa paso ao rock e ao power pop de temas como Que corra la nicotina, Menea o bullarengue, Miña terra galega (adaptación do Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd) e a emblemática ¿Quen somos? De donde vimos? ¿A donde vamos?, que se converte inmediatamente nun himno máis dunha banda himnótica. E con Javier Soto como novo guitarrista, Siniestro Total lánzase a unha vorágine de ensaios, gravaciones e viras que mantén viva ata hoxe.
En 1985 a banda publica o seu cuarto álbum, Bailaré sobre tu tumba, cunha cara gravada en estudo, outra en directo e un novo himno como título. Despois chegarían discos como De hoy no pasa en 1987 (con cancións como Diga que le debo), Me Gústa como andas en 1988 (con Canta puta y yo que viejo), En beneficio de todos en 1990 (con Camino de la cama, Vamos muy bien, Todo por la napia, Somos Siniestro Total), o directo Ante todo mucha calma en 1992, Made in Japan en 1993 (con Tan hermoso, Yo Dije Yeah, Cuenca minera?), Policlínico miserable en 1995 (con España se droga, Depende), Cultura popular en 1997 (con versións de cancións de 20 grupos españois), Así empezan as pelexas en 1997 (outro directo), Sesión Vermú en 1997, La historia del blues en 2000, o triplo CD ¿Quen somos? De donde venimos? ¿A donde vamos? en 2002 e Popular, democrático y científico en 2005.
Son 16 álbumes oficiais desde 1982, publicados en España, Portugal, México, Arxentina, Chile. Ademais, Siniestro Total colaborou con Álex da Iglesia nas bandas sonoras das películas El día de bestia e 800 balas, Julián Hernández publicou libros como ¿Hai vida intelixente no rock and roll?.
A presentación de Que pareza un accidente continua durante este 2009 e terá unha parada en Muros no Festival Castelo Rock 2009.
|
 |