El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

 
   
   
   
 

TRAPOS SUCIOS - www.trapossucios.com - MUROS

Trapos Sucios é unha banda de rock formada por:
Germán: voz.
Juno, Kaio e Denís: guitarras.
Tararo: baixo.
Pedro A.: batería.
Ginkana: técnico de son.
Numerosos concertos respaldan a súa traxectoria e é unha das bandas en alza no panorama galego, que consigue involucrar ao público nos seus concertos, e deixán pegada alá por onde pasan. Levan gravadas 2 maquetas, un disco e este ano sacan o seu novo traballo, "Con el agua al cuello", 12 novas cancións nas que expoñen problemas da sociedade actual como a emigración, a pederastia, as drogas, a xustiza ou a explotación.
A súa música pódese clasificar como rock urbano con rasgos punk, estilo que se corresponde coas súas principais influencias: La polla records, Extremoduro, Barricada, Leño, Platero y tú, Cicatriz…
Cos pés na terra, comprometidos e cheos de rabia, traerán ao festival o espectáculo máis crudo e reivindicativo. Contarannos unha vez máis a nosa propia historia, o día a día, e da mellor man posible, o rock and roll.